DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 16 de setembro de 2024 Páx. 50876

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 4 de setembro de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0031/2024-PPM e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0031/2024-PPM e tres máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, número 2, andar 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c) da mesma lei.

A Coruña, 4 de setembro do 2024

María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Número de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-0031/2024-PPM

78796709C

Resolución

Rúa Rosalía de Castro, 44, portal A, 3º dta., 15250 Muros (A Coruña)

PSC-CO-0092/2024-PPM

72262264J

Resolución

Lugar Vinxeira Pequena, 73, Rumbo, 15198 Culleredo (A Coruña)

PSC-CO-0143/2024-PRE

44822175M

Resolución

Reboredo, 3, Esteiro, 15240 Muros (A Coruña)

PSC-CO-0298/2024-V

33276781J

Resolución

Panches, 23, O Pindo, 15295 Carnota (A Coruña)