DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 16 de setembro de 2024 Páx. 50858

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 5 de setembro de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Baleira (expediente IN407A 2023/299-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio notifícase a todas as persoas interesadas a resolución de autorización administrativa previa e de construción e declárase a utilidade pública do proxecto para a regulamentación LMTA CRG811 entre apoios nº 63-74 e nº 63-84 (Baleira), segundo se sinala no cadro anexo.

Lugo, 5 de setembro de 2024

O director territorial de Lugo
P.A. (Artigo 40.3 do Decreto 140/2024, do 20 de maio)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de regulamentación
LMTA CRG811 entre apoios nº 63-74 e nº 63-84 (Baleira)

Concello: Baleira (Lugo).

Expediente: IN407A 2023/299-2.

Nº predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Propietario

Apoio (nº)

Apoio (m2)

Sup. (m2)

2

58

318

Rapela

Monte alto

Hdros. de José López Chante

63-76

1

2