O 23 de xullo de 2024, a directora territorial de Ourense ditou acordo de inicio do expediente sancionador 20240103TA-OU contra a persoa titular do DNI 34996816Q.
Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio, notifícaselle á persoa titular do DNI 34996816Q o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, a presentar alegacións ante este departamento territorial, no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, e lembráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias deste departamento, sito en Ourense, na avenida de Zamora, núm. 13, 4º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.
Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.
Advírteselle que, antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.
Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Ourense, 5 de setembro de 2024
Laura López del Castillo
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Número de expediente: 20240103TA-OU.
DNI da persoa denunciada: 34996816Q.
Último enderezo coñecido: rúa Inmaculada, núm. 9, 32005 Ourense.
Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco (BOE núm. 309, do 27 de decembro), modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro (BOE núm. 318, do 31 de decembro). Artigo 7 letra c): «prohíbese fumar en centros, servizos ou establecementos sanitarios, así como nos espazos ao aire libre ou cubertos, comprendidos nos seus recintos».
Tipificación: leve. Documéntase unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 19.2.a da Lei 28/2005, modificada pola Lei 42/2010: «Consideraranse infraccións leves: a) Fumar nos lugares en que existe prohibición ou fóra das zonas habilitadas para o efecto».
Sanción proposta: trinta euros (30 €).
