Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMT TA2808-apoyos de 9LJHI14A//54-A-12-1 a 9LETLLNF//54-A-12-4, no concello de Outes (expediente IN407A 2022/374-1), por resolución desta dirección territorial, do 24 de maio de 2024, a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.
Esta dirección territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 15 de outubro de 2024 para o levantamento das actas previas á ocupación, en que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporán xunto con este acordo no taboleiro de edictos do concello de Outes, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 12.5.2023, no BOP do 25.4.2023 e no xornal La Voz de Galicia do 11.5.2023, acto ao cal deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectadas, ás cales se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa consistorial do dito concello.
Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 23 de agosto de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
