DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 16 de setembro de 2024 Páx. 50776

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2024, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento TR802H e TR358D).

En cumprimento do disposto no artigo 10.1 da Orde do 29 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción, e se convocan para o ano 2024 (DOG núm. 17, do 24 de xaneiro), resolvo que se publiquen as subvencións concedidas que se indican no anexo, cun importe total de 330.000,00 euros, con cargo á aplicación 44.04.324C.481.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2024.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2024

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais

ANEXO

Programa I: fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais.

Aplicación: 44.04.324C.481.1.

Entidade beneficiaria

Contía

Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia-Aesgal

13.398,15

Unión de Cooperativas Espazocoop

100.000,00

Ucogatra Unión de Cooperativas

16.601,85

Unión de Cooperativas Asociación Galega de Cooperativas Agrarias-Agaca

100.000,00

Programa II: fomento e consolidación das asociacións de centros especiais de emprego e de empresas de inserción.

Aplicación: 44.04.324C.481.1.

Entidade beneficiaria

Contía

Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro-Cegasal

35.000,00

Asociación de Empresas de Inserción de Galicia-Aeiga

35.000,00

Asociación para la Promoción de Actividades de Integración Sociolaboral en Centros Especiales de Empleo-Aspais

30.000,00