Mediante decreto da Presidencia, do 13 de agosto de 2024, aprobouse a oferta ordinaria de emprego público do ano 2024.
No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 175, do 9 de setembro de 2024, publicáronse integramente as bases xerais e específicas que deben rexer a convocatoria:
– Unha praza de técnico contable, a xornada completa, do cadro de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición, en promoción interna, dentro do proceso da oferta de emprego público de 2024.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
Cambados, 9 de setembro de 2024
David J. Castro Mougán
Presidente da Mancomunidade do Salnés
