O Pleno do Concello de Vilanova de Arousa, na sesión ordinaria do 22.7.2024 aprobou definitivamente o estudo de detalle para a definición da liña de edificación nun ámbito de solo situado na Cerca, promovido por instancia de interesados e redactado e asinado polo arquitecto Alberto Martínez Otero, colexiado 43279 do COAG.
Mediante este anuncio procédese, de acordo cos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia –en diante, LSG–, á publicación do acordo da aprobación definitiva:
Primeiro. Desestimar, polas razóns expostas no informe xurídico reproducido no corpo do presente acordo, as alegacións presentadas pola Comunidade de Propietarios do edificio sito na rúa da Cerca nº 27-B, presentado o 12.12.2023 (nº R/E WEB2023001422) e por María del Carmen LV, presentado o 13.12.2023 (nº R/E 2023004636).
Segundo. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para a definición da liña de edificación nun ámbito de solo situado na Cerca, promovido por Adela Carmen OL e José Antonio OR.
Terceiro. Facultar o alcalde para que realice cantas actuacións sexan necesarias para a eficacia e os efectos do citado estudo de detalle.
Cuarto. Ordenarlles aos servizos municipais que continúen coa tramitación do expediente para a súa eficacia e efectos.
Quinto. Notificarlles persoalmente o acordo ás persoas interesadas.
A eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do acto/instrumento aprobado quedan condicionados, de conformidade co establecido no artigo 82 e 88 da LSG, á publicación do acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia e á inscrición do instrumento no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia, así como, en virtude dos artigos 65.2 e 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, ao transcurso de quince (15) días hábiles desde a publicación completa do texto no Boletín Oficial da provincia.
Os instrumentos de planeamento son disposicións de carácter xeral, polo que a súa aprobación non é obxecto de recurso en vía administrativa.
Sirva o presente anuncio como notificacións do acordo aos interesados, indicándolles que, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra el poderán interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente acto, que pon fin á vía administrativa, sen prexuízo de que poidan interpor calquera outro recurso ou reclamación que consideren conveniente ao seu dereito.
Vilanova de Arousa, 11 de setembro de 2024
Gonzalo Durán Hermida
Alcalde
