DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 18 de setembro de 2024 Páx. 51209

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 10 de setembro de 2024 pola que se fai público o acordo de inicio do procedemento para a declaración de abandono da embarcación Susana, depositada na zona de varada do porto de Burela.

De conformidade co disposto nos artigos 44, 45 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por non ser posible a notificación aos herdeiros de José Ramón Vázquez López no domicilio que consta no expediente e pola posible existencia doutros interesados no procedemento que sexan descoñecidos, faise público mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o acordo do 6 de agosto de 2024 da Presidencia da entidade pública Portos de Galicia que inicia o procedemento para a declaración de abandono da embarcación de nome Susana, con folio 7ª-CO-67-91, depositada na zona de varada do porto de Burela.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A embarcación en cuestión atopábase atracada no porto de Burela en estado de abandono e con perigo de afundimento, o que fixo necesario a súa posta en seco o día 27 de xaneiro de 2023.

Desde a dita data a embarcación atópase na zona de varada do porto de Burela sen actividade e en estado de abandono.

Este acordo emítese con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia.

O órgano competente para a resolución deste procedemento é a Presidencia de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, letras a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

A instrución do procedemento recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, sendo o seu réxime de recusación o consignado no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Outórgase aos interesados antes identificados, así como a calquera outra persoa física ou xurídica que acredite dereitos e/ou intereses sobre a embarcación un prazo máximo de 10 días para formular alegacións.

Advírtese que, de acordo coa normativa máis arriba citada, chegado o termo de declarar ao barco abandonado, este pasará a ser propiedade de Portos de Galicia, o que non impedirá que todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que haxa que realizar sobre o buque sexan a custa do anterior propietario.

De cara ao seu exame, o expediente atópase nas dependencias dos Servizos Centrais de Portos de Galicia en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2024

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia