DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 18 de setembro de 2024 Páx. 51173

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 3 de setembro de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, polo que se comunica a publicación da convocatoria pública para a provisión de varios postos de coordinación de técnicos superiores no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e no uso das atribucións conferidas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés,

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de concurso de méritos e defensa pública dun proxecto técnico de xestión, varios postos de coordinación de técnicos superiores no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que se relacionan no anexo I.

Segundo. As retribucións dos postos ofertados serán as que correspondan de acordo coa orde anual pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse, preferentemente, no Rexistro da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, sito na rúa Loureiro Crespo, nº 2, de Pontevedra, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Área de Dirección e na intranet da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Pontevedra, 3 de setembro de 2024

José Manuel Flores Arias
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

ANEXO I

Prazas

Denominación

Prazas

Área funcional

Categoría

Coordinador/a de técnicos superiores de Anatomía Patolóxica e Citoloxía

1

Servizo Anatomía Patolóxica

Complexo Hospitalario Universitario Pontevedra

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Técnico/a superior en Anatomía Patolóxica e Citoloxía

Coordinador/a de técnicos superiores de Laboratorio de Diagnóstico Clínico

1

Servizo Laboratorio

Complexo Hospitalario Universitario Pontevedra

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Técnico/a superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico

Coordinador/a de técnicos superiores de Imaxe para o Diagnóstico

1

Servizo Radiodiagnóstico

Complexo Hospitalario Universitario Pontevedra

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Técnico/a superior en Imaxe para o Diagnóstico

Coordinador/a de técnicos superiores da Unidade de Docencia, Calidade e Innovación

1

Unidade de Docencia, Calidade e Innovación

Complexo Hospitalario Universitario Pontevedra

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Técnico/a superior na Familia Profesional da Sanidade