DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 18 de setembro de 2024 Páx. 51131

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 28 de agosto de 2024 pola que se resolven as axudas correspondentes á modalidade A do programa Retorna Talento FP, establecidas na Orde do 28 de febreiro de 2024.

Mediante a Orde do 28 de febreiro de 2024 (DOG do 13 de marzo) establécese o procedemento para a adxudicación de bolsas para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar certos estudos de formación profesional no curso académico 2024/25 en centros educativos de Galicia (código do procedemento ED333B).

O artigo 14 establece que se publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola cal se resolve cada unha das modalidades da convocatoria.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Primeiro. Concederlles as axudas correspondentes á modalidade A do programa ás persoas que se relacionan no anexo I desta orde. Así mesmo, esta listaxe publicarase no portal educativo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (https://www.edu.xunta.gal).

A dotación, a contía, a distribución dos pagamentos e as condicións para a adxudicación das bolsas serán as establecidas na Orde do 28 de febreiro de 2024.

Segundo. A publicación da listaxe de persoas beneficiarias terá os mesmos efectos que a notificación, segundo se establece no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, consonte a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Orde do 5.6.2024)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación,
Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ANEXO I

Adxudicación de axudas do programa Retorna Talento FP 2024/25
(modalidade A)

Persoas beneficiarias das axudas con adxudicación no centro 15005749-CIFP Universidade Laboral:

Apelidos

Nome

Bastardo Maita

Miguel Antonio

Conde Domínguez

Mariano Ezequiel

Fleitas Vázquez

Santiago Darío

Gil Navarro

Ezequiel Fernando

Ibáñez Trenco

José Lorenzo

López Soneira

Luís Ernesto

Nieto de Arruda

Nathália

Vázquez Juárez

Lukas

Vázquez Méndez

Vanesa Alejandra

Yañes Roldán

Fabián Nicolás