Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas cuxos datos se mencionan no anexo a resolución ditada no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, porque non foi posible a notificación persoal aos interesados.
A resolución foi ditada pola persoa titular do departamento territorial, cuxo texto íntegro, xunto co seu respectivo expediente, se atopa á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial de Lugo, rolda da Muralla, núm. 70-1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A resolución mencionada non pon fin á vía administrativa, polo que contra ela se pode recorrer en alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Unha vez transcorrido o dito prazo sen que conste a interposición de recurso, a resolución devirá firme.
Lugo, 28 de agosto de 2024
Francisco Javier Vázquez Nodal
Director territorial de Lugo
ANEXO
|
Núm. expediente |
DNI/NIE |
Acto notificado |
|
LU-2023/00214 |
35626663 P FY687182 |
Resolución de desistencia e arquivamento |
