DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2024 Páx. 51265

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 6 de setembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se acorda notificarlles o requirimento para completar o expediente de solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia ás persoas interesadas (expediente PO-2024/00483 e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), ao non ser posible a notificación persoal ás persoas interesadas, notifícaselles ás abaixo relacionadas o requirimento para completar o expediente de solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O expediente relacionado está á disposición da persoa interesada no Departamento Territorial de Pontevedra, sita na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

O anterior notifícase de acordo coa normativa indicada.

Pontevedra, 6 de setembro de 2024

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/pasaporte

PO-2024/00483

35488497A

PO-2024/00483

161359247

PO-2024/00492

36126444E

PO-2024/00492

36136908K

PO-2024/00568

36110552T

PO-2024/00568

BD0845501

PO-2024/00573

76735830X

PO-2024/00573

76725250X

PO-2024/00604

34941761T

PO-2024/00604

RD6971669

PO-2024/00606

36021955E

PO-2024/00606

36058015H