De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), logo de examinar a solicitude de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, presentada de xeito individual polo outro membro da parella, notifícaselles ás persoas abaixo relacionadas o emprazamento para o trámite de audiencia co fin de ditar a oportuna resolución definitiva do expediente, de acordo co previsto no artigo 23.3 do Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, segundo a redacción dada polo Decreto 146/2014, do 13 de novembro. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Os expedientes relacionados están á disposición das persoas interesadas no Departamento Territorial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, núm. 43, 9º andar, 36003 Pontevedra, para que poidan consultalo e formular as alegacións e xustificacións que consideren oportunas durante o prazo de quince (15) días hábiles, contado desde a publicación desta resolución.
Unha vez transcorrido este prazo e á vista das alegacións, documentos e xustificacións que se presentasen, ditarase a resolución que corresponda.
Pontevedra, 6 de setembro de 2024
Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
NIF/NIE/Pasaporte |
|
PO-2019/00602 |
Y7860065J |
|
PO-2023/00298 |
Z0513772A |
