DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2024 Páx. 51235

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 15 de agosto de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se resolve definitivamente a relación de centros autorizados para a implantación do bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), para o curso 2024/25.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 163, do 26 de agosto de 2024, é necesario facer as seguintes correccións:

Na segunda táboa (Centros docentes de continuidade no STEMbach), nas páxinas 48153 e 48154, deben incorporarse os seguintes centros:

Código do centro

Nome do centro

Concello

Provincia

36011191

CPR Plurilingüe Montecastelo

Vigo

Pontevedra

36005427

CPR Plurilingüe Lar

Mos

Pontevedra

15001148

IES As Mariñas

Betanzos

A Coruña