DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2024 Páx. 51236

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2024, da Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2024.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda e Administración Pública nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2024, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2024

David Cabañó Fernández
Secretario xeral técnico e do Tesouro

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda e Administración Pública nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2024

Convenio

Achega da consellería (€)

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Facenda e Administración Pública, e o Concello de Santiago de Compostela para sufragar os gastos derivados da súa condición de capital da Comunidade Autónoma de Galicia

2.392.425,00

5.6.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e Administración Pública, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Universidade de Santiago de Compostela para a edición e publicación da Revista galega de economía social no ano 2024

7.500.00

16.7.2024