DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2024 Páx. 51237

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2024.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Consellería do Mar nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2024, que se incorporan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2024

Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Mar
nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2024

Descrición

Importe

Data

Acordo de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Conselleria do Mar para reforzar o persoal de Gardacostas na loita contra o furtivismo na Comunidade Autónoma.

60.000 €

16.5.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Cooperativa de Armadores de Pesca del Puerto de Vigo, Sociedad Cooperativa Gallega, para a organización da V edición do festival ARVI do peixe-Vigo Seafest 2024.

109.868 €

4.6.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial mediante o cal se canaliza unha subvención de concesión directa, prevista nominativamente na vixente Lei de orzamentos, para realizar actividades de dinamización das embarcacións tradicionais durante o ano 2024.

28.500 €

19.6.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a confraría de pescadores La Anunciada de Baiona para xestionar a mellora da accesibilidade ao espazo para a divulgación e posta en valor da cultura mariñeira na lonxa de Baiona.

28.000 €

20.6.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación Empresarial Galega de Carpintería de Ribeira mediante o cal se canaliza unha subvención de concesión directa para realizar actividades de dinamización e fomento da carpintaría de ribeira durante o ano 2024.

30.000 €

9.7.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación de Mariscadores Fonte de Santa Helena de Baldaio mediante o cal se canaliza unha subvención de concesión directa e prevista nominativamente na vixente Lei de orzamentos para o acondicionamento e mellora da caseta dos mariscadores de Baldaio durante o ano 2024.

35.500 €

9.7.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade de Vigo para realizar prácticas académicas externas curriculares, non remuneradas, por parte do estudantado do grao en Bioloxía ou Ciencias do Mar.

Sen custe

19.7.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade de Santiago de Compostela para realizar prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares, non remuneradas, do alumnado do grao en Bioquímica, grao en Bioloxía, grao en Biotecnoloxía e máster en Biociencias Moleculares.

Sen custe

19.7.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia para a promoción e mellora da comercialización dos produtos da acuicultura ecolóxica certificada de Galicia no ano 2024.

40.000 €

26.7.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Fundación Nueva Pescanova para a organización da Global Sustainable Seafood Galicia Forum no ano 2024.

72.600 €

27.8.2024