Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia, núm. 30, do 15 de febreiro), publícase no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,
Dispoño:
Artigo único. Dar publicidade dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) no segundo cuadrimestre do ano 2024, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2024
Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega
de Infraestruturas no segundo cuadrimestre de 2024
|
Convenio |
Data sinatura |
Importe achegado pola AXI (€) |
|
Convenio de colaboración entre a AXI e a Fundación Eduardo Pondal para impartir xornadas de seguridade viaria na escola de verán 2024 e poñer en valor as actuacións de fomento da mobilidade sustentable en execución e en proxecto na estrada autonómica AC-424. |
28.6.2024 |
14.995,00 |
