DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2024 Páx. 51240

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2024.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Dar publicidade á relación dos convenios e addendas subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2024, que se incorpora no anexo I desta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2024

Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Convenios e addendas subscritos pola Axencia Galega de Innovación
nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2024

Convenio

Data de sinatura

Importe total (€)

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Axencia Galega de Innovación (Gain) e a Confederación Empresarial de Ourense (CEO), para a prestación de servizos ás pemes no marco da iniciativa Conecta Ourense.

21.5.2024

144.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e o Instituto Cultura, Ciencia e Tecnoloxía para o desenvolvemento de actividades de divulgación científica no ano 2024.

4.7.2024

8.000,00 €