DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2024 Páx. 51241

III. Outras disposicións

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2024 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2024.

En virtude do establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Tributaria de Galicia nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2024 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2024

Sonia Lafont Sendino
Directora da Axencia Tributaria de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2024

Convenio

Achega da consellería (€)

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Colexio de Avogados de Málaga para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

16.5.2024

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Colexio de Procuradores de Sevilla para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

22.5.2024

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Colexio de Procuradores dos Tribunais de Santa Cruz de Tenerife para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

24.5.2024

Acordo da addenda e prórroga do convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela en materia de recadación en vía executiva

Sen achega económica

18.6.2024

Acordo da addenda e prórroga do convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Universidade da Coruña en materia de recadación en vía executiva

Sen achega económica

18.6.2024

Acordo da addenda e prórroga do convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Consello da Avogacía Galega para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

18.6.2024

Acordo da addenda e prórroga do convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Concello de Carballeda de Avia en materia de recadación en vía executiva

Sen achega económica

19.6.2024

Acordo da addenda e prórroga do convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Colexio de Administradores de Predios de Galicia para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

19.6.2024

Acordo da addenda e prórroga do convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Asociación Profesional de Expertos Técnicos Inmobiliarios para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

3.7.2024

Acordo da addenda e prórroga do convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Colexio de Avogacía de Biscaia para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

6.7.2024

Acordo da addenda e prórroga do convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Asociación de Empresarios de Transporte e Mercancías e Escavacións de Pontevedra para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

6.7.2024

Acordo da addenda e prórroga do convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e Peritos Agrícolas da Coruña e Pontevedra para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

6.7.2024

Addenda e prórroga do convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración

Sen achega económica

27.8.2024