DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2024 Páx. 51243

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2024 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta axencia no segundo cuadrimestre do ano 2024.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) nos meses de maio a agosto do ano 2024, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2024

Pablo Fernández Vila
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Convenios subscritos pola Axencia Instituto Enerxético
de Galicia (Inega) nos meses de maio, xuño, xullo e agosto

Convenio

Data de sinatura

Achega Axencia

Convenio entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Asociación Clúster da Xeotermia Galega (Acluxega) para a realización de actividades de información e comunicación relacionadas con desenvolvemento da enerxía xeotérmica en Galicia e a elaboración do mapa de instalacións xeotérmicas de Galicia.

17.7.2024

25.000,00 €

Convenio entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Asociación Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal) para a realización de actividades de difusión, información e comunicación relacionadas co desenvolvemento das enerxías renovables en Galicia.

19.8.2024

45.000,00 €