DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2024 Páx. 51315

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan parcial SUND-19 O Carballo (expediente 2022/PLANEAM/000025-FG número 712).

Mediante a Resolución da Alcaldía número 2024004427, do 20 de agosto de 2024, acordouse aprobar inicialmente con condicións o Plan parcial do sector SUND-19 O Carballo, Nós (documento R.E. nº 2024011163, do 31.5.2024).

De conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente estará exposto ao público durante o prazo de dous meses, para presentar as alegacións que se consideren oportunas, na web do concello (www.oleiros.org), na área de Urbanismo-Trámites de información pública.

Quedan suspendidas as licenzas naqueles ámbitos do territorio cuxas novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente.

Oleiros, 6 de setembro de 2024

Ángel García Seoane
Alcalde presidente