DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2024 Páx. 51425

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2024.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Medio Rural nos meses de maio, xuño, xullo e agosto que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2024

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Medio Rural

nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2024

Título

Obxecto

Data da

sinatura

Achega económica da Consellería (€)

Convenio entre o Ministerio de Defensa e a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, para a prevención de incendios forestais en Galicia durante a campaña de 2024.

A colaboración do Ministerio de Defensa coa Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, co fin de previr incendios forestais no territorio de Galicia. Esta colaboración consistirá na despregadura operativa de patrullas terrestres, con misión de vixilancia e disuasión.

10.7.2024

469.604,41 €

Acordo de colaboración entre a Axencia Galega de Emerxencias e a Consellería do Medio Rural para o apoio loxístico na loita fronte aos incendios forestais a través da cesión de uso de dous vehículos cisterna «gran nutriz» para transporte de auga.

Cesión do uso a prol da Consellería do Medio Rural de dous (2) vehículos cisterna «gran nutriz» para o seu uso nas operacións de extinción de incendios forestais

18.7.2024

Sen achega

económica

Addenda de prórroga e modificación do convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Fundación Paideia para o desenvolvemento dun proxecto para a mellora do material forestal de reprodución.

Pórroga de tres anos, co fin de continuar as actuacións para a consecución de resultados óptimos na produción de planta mellorada respecto de dúas das especies de frondosas autóctonas de maior interese: carballo (Quercus robur) e bidueiro (Bétula celtibérica).

Modificación consistente na adaptación do texto e obrigas en función da actual estrutura da Xunta de Galicia.

12.7.2024

173.287,50 €