O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.
Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19 de outubro), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.
Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, sométese a información pública, durante un período de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:
«Revisión da autorización ambiental integrada da fábrica de Envases Universales Ibérica, S.L.U., sita en Vigo, para a súa adaptación ás actuais MTD’s (Pontevedra)».
Para que calquera interesado poida consultalo e, se é o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas, o documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:
– Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).
Ademais poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/→medioambiente e sostibilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).
Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2024
Ramón Martínez Boga
Director xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
ANEXO
Memoria resumo
Clave do expediente: 2021-IPPC-M-3.
Peticionaria: Envases Universales Ibérica, S.L.U.
NIF: B83333948.
Enderezo social: PI. El Sequero-avenida del Ebro, parcela 9, Agoncillo, 26150 La Rioja.
Localización da instalación: Baixada A Gándara, nº 32, Coruxo 36330 Vigo (Pontevedra).
Actividade: planta de fabricación de envases e litografado.
Descrición: fabricación de envases e tapas metálicas de folla de lata para industrias conserveiras de pescado, vexetais e comidas precociñadas. Existen 3 áreas de produción: centro de preparación de materiais, tapas e envases.
Verteduras: segundo se recolle na documentación presentada, as verteduras xeradas pola planta son:
– Augas residuais industriais: non se xeran augas de proceso.
– Augas residuais fecais: son canalizadas á rede de saneamento municipal logo de paso por unha fosa séptica.
– Augas residuais pluviais: procedentes da cuberta da nave e canalizadas polo seu interior ao saneamento municipal.
