DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2024 Páx. 51532

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 11 de setembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador, en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (expediente ANP-CO-0009/2024-V).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentar a notificación persoal dúas veces, emprázase a persoa interesada para ser notificada por comparecencia.

Polo que, por medio deste anuncio, o acto administrativo ditado en relación co procedemento sancionador, en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (Lei 4/2017, do 3 de outubro; DOG nº 194, do 11 de outubro e BOE nº 263, do 30 de outubro), é notificado á persoa indicada no anexo.

Para o coñecemento íntegro de tal acto e a constancia deste, a dita persoa interesada poderá comparecer no prazo e lugar que se sinalan a seguir:

– No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

– Na sede deste servizo provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, andar 8º, alasur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Despois de transcorrer o devandito prazo, sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

A Coruña, 11 de setembro de 2024

María Pilar Arias Graña
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Número de expediente

Persoa interesada DNI/NIF/NIE

Acto

ANP-CO-0009/2024-V

45908106Z

Proposta de resolución