DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2024 Páx. 51550

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 31 de maio de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se fai pública a declaración da condición mineromedicinal e termal das augas procedentes da sondaxe denominada P-1 Seminario, no concello de Ourense.

O Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria fai público que o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, por delegación de competencias da conselleira de Economía e Industria, asinou, o 29.5.2024, a resolución da declaración da condición mineromedicinal e termal das augas procedentes da sondaxe denominada P-1 Seminario, no concello de Ourense, cos seguintes datos:

Nome: P-1 Seminario.

Recurso: sección B) auga mineromedicinal e termal.

Termo municipal: Ourense.

Titular: Seminario Diocesano de Ourense.

Situación: coordenadas UTM (ETRS 89) fuso 29: X=592.226, Y=4.688.375.

O que se fai público para coñecemento xeral e en cumprimento do número 2 do artigo 7 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas mineromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento das obrigas de publicidade recollidas no artigo 29 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, esta resolución poderá examinarse no portal da Consellería de Economía e Industria:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/autorizacions-administrativas/instalacions-mineiras

Ourense, 31 de maio de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense