DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2024 Páx. 51551

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 12 de setembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, de convocatoria para o pagamento do prezo xusto e dos xuros, por expropiación por unha instalación eléctrica (expediente IN407A 2020/113-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas e, particularmente, as relacionadas no anexo que segue a este escrito, ao acto de pagamento de prezos xustos por expropiación pola instalación eléctrica denominada «Adecuación LMTA MEA816 e CT Feas e modificado 1», no concello de Cariño (expediente IN407A 2020/113-1), acto que se realizará, en primeiro lugar, sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias municipais do mencionado concello, segundo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas titulares dos bens ou dereitos afectados, por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, e exhibirán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 12 de setembro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2020/113-1.

Solicitante UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: adecuación LMTA MEA816 e CT Feas e modificado 1.

Concello: Cariño.

Nº predio

Ref. catastral

Titularidade proposta

Lugar

Data

Hora

Polígono

Parcela

2

16

1083

Descoñecido

Concello de Cariño

4.11.2024

10.45

Modificado 1

Nº predio

Ref. catastral

Titularidade proposta

Lugar

Data

Hora

Polígono

Parcela

1

9181412NJ8398S0001OF

Cesáreo Alvelo Rico

Concello de Cariño

4.11.2024

10.45