III. Outras disposicións
Consellería do Mar
CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 29 de agosto de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2024 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de residuos e de arribazóns de algas que poden afectar os bancos marisqueiros, coa participación das persoas pescadoras e mariscadoras, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) (código de procedemento PE209F).
Advertido un erro por omisión na citada orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 175, do 11 de setembro de 2024, cómpre realizar a seguinte corrección:
Na páxina 50201, a continuación do punto xxi da relación de plans de xestión, debe engadirse o seguinte:
«xxii. Plan específico de xestión de marisqueo a pé das confrarías de Pontevedra, Raxó e Lourizán».