A titularidade do centro privado (CPR) Chíos Formación, da Coruña, solicita a autorización para impartir o Curso de especialización en Intelixencia Artificial e Big Data.
Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Real decreto 659/2023, do 18 de xullo, que desenvolve a ordenación do Sistema de formación profesional, co Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
DISPOÑO:
Artigo 1. Modificación da autorización
Modificar a autorización do CPR Chíos Formación para impartir o Curso de especialización en Intelixencia Artificial e Big Data. O centro queda configurado como se sinala a seguir:
Denominación xenérica: centro privado (CPR).
Denominación específica: Chíos Formación.
Código do centro: 15032893.
Domicilio: avenida do Exército, nº 2.
Localidade: A Coruña.
Código postal: 15006.
Concello: A Coruña.
Provincia: A Coruña.
Titular: Chíos Formación, S.L.
Composición resultante:
a) Modalidade presencial:
• 2 CM Coidados Auxiliares de Enfermaría (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).
• 1 CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
• 1 CS Desenvolvemento de Aplicacións Web (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
• 1 CS Educación Infantil (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
• 1 CS Márketing e Publicidade (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
• Curso de especialización en Intelixencia Artificial e Big Data (1 unidade para 30 alumnos/as).
b) Modalidade semipresencial e/ou a distancia:
• CM Coidados Auxiliares de Enfermaría.
• CS Desenvolvemento de Aplicacións Web.
• CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma.
• CS Educación Infantil.
• CS Márketing e Publicidade.
Artigo 2. Inicio da actividade
Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, o Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento axeitado.
Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 4. Revisión da autorización
O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.
Disposición derradeira primeira. Recursos
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2024
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
