DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 23 de setembro de 2024 Páx. 51715

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 13 de setembro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se convocan os interesados ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica situada no concello de Allariz (expediente IN407A 2023/136-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada adecuación LMTA DC ALL803-ALL804 lugar de Campiñas (Allariz), na Casa do Concello de Allariz, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Ourense, 13 de setembro de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos,
con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2023/136-3.

Instalación: adecuación LMTA DC ALL803-ALL804 lugar de Campiñas (Allariz).

Concello: Allariz.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Lugar da convocatoria

Data

Hora

3

Viñas

32002A082000810000WE

Herdeiros de Nieves Pérez Otero

Enderezo descoñecido

Casa do Concello de Allariz

28.10.2024

11.30

6

Recostro

32002A082001630000WF

Julio Fuentefría Ferradas

Enderezo descoñecido

Casa do Concello de Allariz

28.10.2024

11.40

8

Fonte do Santo

32002A083007760000WT

Herdeiros de Rosario Álvarez Ferreiro

Enderezo descoñecido

Casa do Concello de Allariz

28.10.2024

11.50