DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 23 de setembro de 2024 Páx. 51717

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ANUNCIO do 12 de setembro de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción na orde social 2024/74.

De conformidade co establecido nos artigos 44, 45.1 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador por infracción na orde social, devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación electrónica, esta non se puido efectuar.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpor un recurso de alzada, perante a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido nos artigos 30 e 122 da Lei 39/2015, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Os interesados, durante este prazo, poderán presentarse ante o Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social, do Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en Lugo, situado na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren integramente o contido da resolución e recolleren o documento de pagamento.

Advírteselles que, de non se interpor o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza e deberán aboar a multa imposta a través das entidades colaboradoras que constan no documento de pagamento, xa que, en caso contrario, se procederá á execución pola vía de constrinximento, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 23 de novembro de 2001.

Expediente: 2024/74 (acta: I272024000010635).

Data da resolución: 1 de agosto de 2024.

Empresa: Actoevents, S.L.

Enderezo: rúa Lisboa 1D, baixo, porta B, La Nucia, Alicante.

Lugo, 12 de setembro de 2024

Carmen José López Rodríguez
Directora territorial de Lugo