DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 23 de setembro de 2024 Páx. 51670

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2024 pola que se declara deserta a convocatoria para a cobertura de dúas prazas para o acceso á escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, subgrupo A2, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución reitoral do 5 de xullo de 2024 (DOG do 22 de xullo) convócanse probas selectivas para a cobertura de dúas prazas para o acceso á escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade arquivos, subgrupo A2, pola quenda de promoción interna.

Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, realizados os trámites regulamentarios e comprobado que non hai aspirantes, o reitor, no uso das competencias atribuídas nos estatutos desta universidade,

RESOLVE:

Declarar deserta a convocatoria de probas selectivas para o acceso á escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, convocadas mediante a Resolución do 5 de xullo de 2024, por non se presentar ningunha solicitude de participación.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela