Mediante a Resolución da Alcaldía do 12 de agosto de 2024, aprobáronse as bases que deberán rexer a provisión dunha praza de administrativo/a, con vinculación xurídica de funcionario de carreira mediante o sistema de oposición en quenda libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
Agolada, 12 de agosto de 2024
Luis Calvo Miguélez
Alcalde
