DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 23 de setembro de 2024 Páx. 51727

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cervo

ANUNCIO de nomeamento de persoal laboral fixo, taxa adicional de estabilización de emprego temporal.

De conformidade co establecido na base 12.3 das bases xerais que regulan os procesos selectivos correspondentes ás prazas de estabilización de emprego temporal do Concello de Cervo incluídas na oferta de emprego público 2021 (BOP de Lugo núm. 123, do 31 de maio de 2022), e vistas as resolucións da Alcaldía polas que se aproba a contratación das persoas que superaron os procesos selectivos, publícanse os nomeamentos que derivan deles:

1. Resolución da Alcaldía núm. 2024-0713, do 19 de xullo de 2024, pola que se nomea a José Luis Torreira Rivas, DNI ***7441**, como oficial 1ª de limpeza viaria, con xornada a tempo completo, grupo profesional AP.

2. Resolución da Alcaldía núm. 2024-0714, do 19 de xullo de 2024, pola que se nomea a José Manuel Basanta Fernández, DNI ***9195**, como conserxe de instalacións deportivas e municipais, grupo profesional AP, xornada a tempo completo.

3. Resolución da Alcaldía núm. 2024-0711, do 19 de xullo de 2024, pola que se nomea como peón de saneamento e recollida de lixo a:

– José Manuel Méndez López, DNI ***8278**.

– Abel Ordás Díaz, DNI ***3761**.

– Roberto Santos Gutiérrez, DNI ***3394**.

– David Torvisco Sarmiento, DNI ***3829**.

– Rafael Villar Cabarcos, DNI ***3612**.

4. Resolución da Alcaldía núm. 2024-0716, do 19 de xullo de 2024, pola que se nomea a Gericke Bekker, Gerhardus Isias, DNI ***8379**, como oficial 1ª de servizo de obras, grupo profesional AP, xornada a tempo completo.

5. Resolución da Alcaldía núm. 2024-0717, do 19 de xullo de 2024, pola que se nomea como peón/albanel, grupo profesional AP, xornada a tempo completo, a:

– Wander Heraldo Campina da Silva, DNI ***4445**.

– Juan José Franco Vázquez, DNI ***9445**.

– Juan Carlos López Díaz, DNI ***9948**.

6. Resolución da Alcaldía núm. 2024-0719, do 19 de xullo de 2024, pola que se nomea a María Rocío Cabaleiro Martínez, DNI ***9598**, socorrista persoal de apoio de piscina municipal, grupo profesional AP, xornada a tempo completo.

7. Resolución da Alcaldía núm. 2024-0739, do 30 de xullo de 2024, pola que se nomea como socorrista persoal de apoio de piscina municipal, grupo profesional AP, xornada a tempo completo, a:

– Iria Abad Molina, DNI ***9282**.

– Lorena da Silva Sánchez, DNI ***9655**.

– Ramiro Chaves Mon, DNI ***3732**.

8. Resolución da Alcaldía núm. 2024-0753, do 31 de xullo de 2024, pola que se nomea a Elisabet Peña Fernández, DNI ***3634**, técnica de xestión do Concello de Cervo, grupo profesional A2, xornada a tempo completo.

A formalización do preceptivo contrato laboral que deberá producirse, en todo caso, no prazo máximo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia de Lugo.

Cervo, 2 de setembro de 2024

María Dolores García Caramés
Alcaldesa