BDNS (Identif.): 785893.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Entidades beneficiarias
Entidades locais ou, na súa falta, as entidades públicas dependentes ou vinculadas a unha Administración local que fosen beneficiarias destas axudas na derradeira convocatoria, sempre que todas elas dispoñan de capacidade técnica e de xestión suficientes para a execución dos correspondentes proxectos e non incorran nas circunstancias establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Segundo. Obxecto
A prórroga de contratos ou para o apoio no financiamento do custo salarial das persoas que estean a desempeñar o posto de axente de emprego e desenvolvemento local, no ámbito da colaboración da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración coas entidades locais (procedemento TR351B), a través dos programas de cooperación, como instrumento para promover a configuración dunha rede especializada na implantación das políticas activas de emprego e a xeración de emprego na contorna local.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 11 de setembro de 2024 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades locais para a prórroga na contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR351B).
Cuarto. Importe
Para a concesión destas axudas destínanse dous millóns douscentos mil euros (2.200.000 €).
Quinta. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non hai día equivalente, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2024
José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración
