DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 24 de setembro de 2024 Páx. 51923

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO de extracto da convocatoria, bases xerais e bases específicas do proceso selectivo para o ingreso como funcionario de carreira nunha praza de enxeñeiro/a técnico/a de obras públicas, incluída na oferta de emprego do ano 2023.

No Boletín Oficial da provincia (BOP) de Lugo núm. 101, do 6 de maio de 2021, publícanse as bases xerais que regulan os procesos selectivos que convoque a Deputación Provincial de Lugo para cubrir prazas vacantes do cadro de persoal funcionario ou laboral fixo incluídas nas ofertas de emprego público, acceso libre (cota xeral e cota de reserva a persoas con discapacidade).

No BOP núm. 200, do 29 de agosto de 2024, publícase a convocatoria e as bases específicas que rexerán, polo sistema de concurso-oposición, quenda libre, o proceso selectivo de:

Unha (1) praza de enxeñeiro/a técnico/a de obras públicas, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, técnicos medios, grupo A - subgrupo A2.

O prazo de presentación de solicitudes será vinte (20) días naturais contado desde o seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e bases no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no BOP de Lugo, no taboleiro de edictos desta entidade e na páxina web da Deputación Provincial.

Lugo, 3 de setembro de 2024

O presidente da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto do 4.7.2023)
Pablo Rivera Capón
Deputado delegado da Área de Promoción Económica e Social