DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 24 de setembro de 2024 Páx. 51924

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés

ANUNCIO da aprobación definitiva da relación de postos de traballo 2024.

Mediante o Acordo Plenario do 12.7.2024 aprobouse inicialmente o expediente de aprobación da relación de postos de traballo (RPT) da Mancomunidade e publícase anuncio de exposición pública no Diario Oficial de Galicia número 143, do 24 de xullo de 2024.

De conformidade co establecido no artigo 202 da Lei de emprego público de Galicia, e ao non constatar alegacións presentadas, a aprobación inicial da RPT elévase a definitiva.

De conformidade co establecido no artigo 127 do texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local aprobado polo Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, por medio do presente anuncio, procédese á publicación íntegra da mencionada RPT, a cal se poderá consultar no Portal de transparencia da sede electrónica da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, na seguinte ligazón https://concellosgalegosdocaminofrances.sedelectronica.gal/transparency/21d59142-df06-4438-81f2-68367f56c4d2/

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación deste acordo.

Triacastela, 30 de agosto de 2024

M. Olga Iglesias Fontal
Presidenta da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés