Ao non ser posible efectuar a notificación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a seguir por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede notificar mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
Ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, están á disposición dos interesados para o seu exame e coñecemento nas dependencias de Urbanismo de Concello de Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.
Número de expediente: 4156/2024.
|
Referencia catastral |
27067A010002190000XR |
|
Situación |
Polígono 10, parcela 219. Xaboeira, Chamorro, Viveiro (Lugo) |
|
Persoa responsable/DNI-CIF |
Titular en investigación 58,37 % de propiedade; NIF *****751H 41,63 % de propiedade |
Viveiro, 30 de agosto de 2024
María Loureiro García
Alcaldesa
