Por unanimidade dos membros do Pleno do Concello, en sesión extraordinaria do 2 de setembro de 2024, adoptouse o seguinte acordo:
1. Aprobar definitivamente o Plan especial de dotacións para a implantación dunha praza en San Xurxo de Sacos nos termos do expediente tramitado e da documentación técnica redactada.
2. Publicar o presente acordo de aprobación definitiva no DOG e deixar o contido do plan á disposición do público na páxina web do Concello http://www.cerdedo-cotobade.gal/
3. Dar traslado á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, para a súa inclusión no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia. Publicar a normativa e as ordenanzas no BOP de Pontevedra.
4. Notificar individualmente a aprobación definitiva do plan especial aos titulares catastrais dos terreos afectados, aos cales xa se lles notificou a aprobación inicial.
Contra o acordo de aprobación definitiva, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que se aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.
Cerdedo-Cotobade, 2 de setembro de 2024
Jorge Cubela López
Alcalde
