De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que a notificación fose devolta polo servizo de Correos por resultaren descoñecidas as persoas destinatarias ou porque, intentada dúas veces, non se puido efectuar, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
En cumprimento do disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro das mencionadas resolucións e constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o citado prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2024
Mª José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
ANEXO
|
Expediente |
Persoa interesada |
Acto notificado |
|
CO-RES-2023-032 |
Lisardo Barrul Jiménez |
Resolución expediente sancionador |
|
OU-RES-2023-066 |
Abel Jiménez Montoya |
Resolución expediente sancionador |
|
OU-RES-2023-067 |
Víctor Jiménez Montoya |
Resolución expediente sancionador |
|
OU-RES-2023-070 |
Florina Alina Patru |
Resolución expediente sancionador |
|
OU-RES-2023-071 |
Razvan Roua |
Resolución expediente sancionador |
|
OU-RES-2023-072 |
Nicoleta Roua |
Resolución expediente sancionador |
|
OU-RES-2023-074 |
Florica Sali |
Resolución expediente sancionador |
|
OU-RES-2023-075 |
Florin Sali |
Resolución expediente sancionador |
|
OU-RES-2023-077 |
Jesús dos Santos Turibio |
Resolución expediente sancionador |
