DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 25 de setembro de 2024 Páx. 52010

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 13 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo á modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal de Castroverde: núcleos de Serés, San Paio de Arcos e núcleo urbano de Castroverde (expediente 2024AAE2900).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 12 de setembro de 2024 sobre a modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal de Castroverde: núcleos de Serés, San Paio de Arcos e núcleo urbano de Castroverde.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2024AAE2900).

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2024

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade