DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 25 de setembro de 2024 Páx. 52050

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bóveda

ANUNCIO de provisión dunha praza de director/a do punto de atención á infancia, como persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición, para a estabilización de emprego temporal.

Mediante a Resolución da Alcaldía do 28 de decembro de 2022, aprobáronse as bases que deberán rexer a provisión dunha praza de director/a do punto de atención á infancia, como persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición, para estabilización de emprego temporal.

As bases e a convocatoria foron publicadas no BOP núm. 299, do 31 de decembro de 2022, e no BOP núm. 027, do 2 de febreiro de 2023, as rectificacións de erros, con indicación de que o prazo de presentación das solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

As bases e os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo, así como no taboleiro físico e electrónico deste concello (https://concellodeboveda.sedelectronica.es).

Bóveda, 4 de setembro de 2024

José Manuel Arias López
Alcalde