No BOPPO núm. 248, do 29 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria e proceso para a cobertura de catro prazas de auxiliar de policía local do cadro de persoal laboral fixo descontinuo pertencente ao grupo IV, mediante o sistema de concurso, en quenda libre, mediante procedemento de estabilización do emprego temporal da disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.
O prazo para presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na sede electrónica da web municipal (https://concellodogrove.sedelectronica.gal/info.0).
O Grove, 17 de setembro de 2024
José Antonio Cacabelos Rico
Alcalde
