De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración.
Ao non ser posible a práctica da comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.
|
Acto que se vai notificar |
Referencia catastral polígono/parcela |
Localización |
Interesado/a Persoa responsable |
Custos da execución subsidiaria |
|
Orde de execución (exp. 1556-2023) |
36043A015000460000JE |
Tourón, Ponte Caldelas |
Elisa García Portela |
40,00 € (custo roza 140,00 € valor madeira 100,00 €) |
|
Orde de execución (exp. 1557-2023) |
36043A015000470000JS |
Tourón, Ponte Caldelas |
José Otero |
-120,00 € (custo roza 140,00 € valor madeira 400,00 €) |
|
Orde de execución (exp. 1558-2023) |
36043A015000500000JS |
Tourón, Ponte Caldelas |
María del Carmen Boullosa |
-70,00 € (custo roza 70,00 € valor madeira 140,00 €) |
|
Orde de execución (exp. 1421-2023) |
36043A035007590000JO |
Barbudo, Ponte Caldelas |
En investigación |
15,00 € |
|
Orde de execución (exp. 1703-2022) |
36043A013000170000JM |
Tourón, Ponte Caldelas |
Concepción Rodríguez Franco |
108,90 € |
Publícase o presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que sirva de notificación á persoa interesada, a cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación como o expediente se atopa á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.
Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia establece que cando non pudiera determinarse a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultase infructuosa a notificación da comunicación efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, dos datos catastrais da parcela.
Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia posibilita a este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión da biomasa, repercutindo os custes ás persoas responsables.
Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.
Prazo: 1 mes.
Ponte Caldelas, 22 de agosto de 2024
Andrés Díaz Sobral
Alcalde
