DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 25 de setembro de 2024 Páx. 52054

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO do 29 de agosto de 2024 de notificación do procedemento da orde de execución relativo á xestión da biomasa.

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentouse sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración,

Ao non ser posible efectuar a comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Acto que se vai notificar

Ref. catastral

Polígono/parcela

Localización

Interesado/a

Persoa responsable

Orde de execución

(Exp. 1609-2024)

Resolución de inicio O.E. do 2.8.2024

36043A026000080000JR

(polígono 26-parcela 8)

Cuñas

Ponte Caldelas

Valentín Orge Regueira

Orde de execución

(Exp. 1627-2024)

Resolución de inicio O.E. do 14.8.2024

36043A012014690000JJ

(polígono 12-parcela 1469)

Cuñas

Ponte Caldelas

En investigación

Orde de execución

(Exp. 1589-2024)

Resolución de inicio O.E. do 22.8.2024

36043A012010410000JP

(polígono 12-parcela 1041)

Cuñas

Ponte Caldelas

En investigación

Orde de execución

(Exp. 1590-2024)

Resolución de inicio O.E. do 22.8.2024

36043A012010500000JK

(polígono 12-parcela 1050)

Cuñas

Ponte Caldelas

En investigación

Orde de execución

(Exp. 1387-2024)

Resolución de inicio O.E. do 26.8.2024

36043A026003190000JL

(polígono 26-parcela 319)

Cuñas

Ponte Caldelas

Estrella Cal Lorenzo

En virtude do que antecede, comunícaselle que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que sirva de notificación á persoa interesada, para cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación como o expediente están á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.

Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que, cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultase infrutuosa a notificación da comunicación, se efectuará mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa, e repercutirán os custos ás persoas responsables.

Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Ponte Caldelas, 29 de agosto de 2024

Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente