DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 25 de setembro de 2024 Páx. 52045

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bóveda

ANUNCIO de provisión de sete prazas de auxiliar de axuda no fogar, como persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso de méritos, para a estabilización de emprego temporal.

Mediante a Resolución da Alcaldía do 28 de decembro de 2022, aprobáronse as bases que deberán rexer a provisión de sete prazas de auxiliar de axuda no fogar, como persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso de méritos, para estabilización de emprego temporal.

As bases e a convocatoria foron publicadas no BOP núm. 299, do 31 de decembro de 2022 e no BOP núm. 027, do 2 de febreiro de 2023, as rectificacións de erros, con indicación de que o prazo de presentación das solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

As bases e os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo, así como no taboleiro físico e electrónico deste concello (https://concellodeboveda.sedelectronica.es).

Bóveda, 4 de setembro de 2024

José Manuel Arias López
Alcalde