DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 25 de setembro de 2024 Páx. 52043

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e ante a imposibilidade de efectuar a notificación aos titulares dos bens que se relacionan a seguir, comunícaselles ás persoas responsables a súa obrigación legal de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas nas parcelas sinaladas seguidamente, imposta polo artigo 22.1 da citada Lei 3/2007, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:

Número de expediente

Referencia catastral

Parroquia

Titulares catastrais

2024/V001/000032

15005A06100086

Oseiro

P.V.B.

2024/V001/000046

3377606NH4937N

Pastoriza

J.M.S. y otros

2024/V001/000048

4493981NH4949S

Pastoriza

P.S.L.

2024/V001/000062

15005A01000211

15005A01000369

15005A01000219

Arteixo

D.G.C.

F.F. e E.A.M.R.E.F.

2024/V001/000070

15005A06100637

Arteixo

En investigación

2024/V001/000073

4190613NH4949S

4190602NH4949S

4190601NH4949S

4191112NH4949S

4191111NH4949S

4291115NH4949S

Pastoriza

En investigación

2024/V001/000080

0454214NH4905S

0454216NH4905S

Arteixo

J.B.M.

J.M.B.

2024/V001/000084

15005A09501448

Pastoriza

En investigación

En virtude do anterior, as persoas responsables dispoñen dun prazo máximo de quince (15) días naturais, contado desde o día seguinte ao da publicación no BOE (Boletín Oficial del Estado), para o cumprimento voluntario da obrigación de xestión da biomasa nas parcelas citadas.

Transcorrido o devandito prazo, e en caso de persistencia no incumprimento, o Concello procederá á execución subsidiaria con repercusión á propiedade dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da Lei 3/2007, anteriormente citada, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

Así mesmo, comunícaselles ás persoas responsables que o contido íntegro das notificacións, así como a totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición no Departamento de Medio Ambiente do Concello de Arteixo.

Arteixo, 4 de setembro de 2024

O alcalde
P.D. (Decreto 2027/2023, do 21 de xuño)
Víctor Merelas García
Concelleiro especial de Medio Ambiente