DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 25 de setembro de 2024 Páx. 51994

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 12 de setembro de 2024 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para facilitar o financiamento da adquisición de uva polas adegas de elaboración de viño acollido ás denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas vitivinícolas galegas para a campaña de 2024, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408F).

BDNS (Identif.): 786689.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (https://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

As empresas que teñan cando menos un centro de traballo en Galicia e que sexan titulares de adegas de elaboración de viño (CNAE 1102), acollido ás denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas vitivinícolas galegas.

Poderán ser persoas físicas ou xurídicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens, sociedades civís ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, cumpran os requisitos do anterior parágrafo.

Segundo. Obxecto

As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto facilitar o financiamento da adquisición de uva polas adegas de elaboración de viño acollido ás denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas vitivinícolas galegas para a campaña de 2024.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 12 de setembro de 2024 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aproba as bases reguladoras das axudas para facilitar o financiamento da adquisición de uva polas adegas de elaboración de viño acollido ás denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas vitivinícolas galegas para a campaña de 2024, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408F).

Cuarto. Importe

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741.A.7700 e polos seguintes importes e distribución plurianual: 50.000 € no ano 2024 e 1.950.000 € no ano 2025.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día 3 de outubro de 2024 ás 9.00 horas e rematará o 16 de decembro de 2024 ás 14.00 horas, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito, o que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape, mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Igape.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2024

Patricia Villajos Grande
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica