De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a Jean Marie Leicknam, o Acordo da Dirección de Portos de Galicia do 10 de xuño de 2024 que inicia o procedemento para reclamar os custos derivados do operativo de recuperación da embarcación Oliña, co número de matrícula 186286, afundida no porto de Meloxo, por non ser posible a notificación no domicilio.
Este anuncio publicarase no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
A Dirección de Portos de Galicia emitiu este acordo, en virtude das competencias conferidas polo artigo 15.3, alíneas a) e b) da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e de acordo co previsto no artigo 129.3 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e nos artigos 100 e 102 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 146 da Lei de portos de Galicia.
O importe ao cal ascenderon as actuacións de refrotamento, remolque e posta en terra da embarcación afundida o 14 de novembro de 2023 e asumidas con carácter de urxencia por Portos de Galicia por motivos de seguridade foi de 2.514,40 euros co IVE engadido.
A instrución do procedemento recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe de División Xurídica de Portos de Galicia, con domicilio para estes efectos na praza de Europa, 5-A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela. O seu réxime de recusación é o consignado no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
Outórgase un prazo de dez (10) días hábiles, contado desde a publicación desta cédula, para formular alegacións e achegar ou propor todos os medios de proba que considere axeitados en defensa dos seus dereitos.
O expediente completo para o seu exame encóntrase na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia, das 9.00 ás 14.00 horas.
As alegacións serán dirixidas ao instrutor nomeado do procedemento no enderezo antes sinalado.
Se manifesta a súa conformidade coa reclamación, poderá aboar a cantidade empregando o modelo de impreso que se facilitará contactando cos servizos centrais de Portos de Galicia no número de teléfono 981 54 53 29, e darase neste caso por finalizado o procedemento.
Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2024
Juan Sanmartín Ferreiro
Director de Portos de Galicia
