De conformidade co disposto nos artigos 44, 45 e 46 da Lei 39/2015 (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, e por motivos de interese público que o fan aconsellable, faise pública, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado para coñecemento de calquera terceira persoa física ou xurídica que acredite dereitos e/ou intereses legítimos sobre a embarcación, a resolución de procedemento para a declaración de abandono da embarcación Noordwester depositada no porto do Vicedo, da cal, segundo os datos de que dispón Portos de Galicia, é propietario R. Essen, cidadán dos Países Baixos, que de acordo cos datos que constan en Correos recibe a notificación da resolución o día 8 de xuño de 2024.
Desde o inicio do expediente non se formularon alegacións nin variou a situación da embarcación.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín oficial del Estado.
A resolución emítese por encontrarse a embarcación sen actividade e nun claro estado de abandono desde o 29 de maio de 2023 o que fixo preciso o izado da embarcación polo risco de afundimento o 17 outubro de 2023, con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro (DOG nº 236, do 14 de decembro), de portos de Galicia, e unha vez que non existe constancia da presentación de alegacións contra o acordo de iniciación do procedemento.
De acordo coa normativa que se cita, e a través dos medios previstos na Lei 5/2011 (DOG nº 203, do 24 de outubro), do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, Portos de Galicia vai proceder á venda do buque, e de resultar esta falida, ao seu despezamento e traslado a vertedoiro autorizado.
Todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se van realizar sobre o buque en función do que resulte do exame sobre o seu estado e da súa peritaxe serán por conta do propietario.
Esta resolución emítea o presidente de Portos de Galicia en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, alíneas a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela que corresponda.
Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2024
José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia
