DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 26 de setembro de 2024 Páx. 52576

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coristanco

EDICTO da aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) para a mellora da accesibilidade ao CPI Alcalde Xosé Pichel.

Mediante a Resolución da Alcaldía, do 13 de maio de 2024, apróbase inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) coa finalidade de resolver os problemas de accesibilidade ao centro público integrado (CPI) Alcalde Xosé Pichel e ao polideportivo municipal, e abrir un novo viario para mellorar a mobilidade na zona.

De conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contado desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia, durante os que as persoas interesadas poderán presentar as súas alegacións.

Así mesmo, suspéndese o outorgamento de licenzas nas áreas afectadas polo plan especial, de conformidade cos artigos 47 da Lei 2/2016 e 86 do seu regulamento de desenvolvemento.

O dito documento pode consultarse na seguinte ligazón https://drive.google.com/drive/folders/1mOUKl6-zKgBeyZRiTjsBE4woOneX-nJA?usp=sharing, que se expón na sede electrónica deste concello (https://sede.coristanco.gal/sxc/es/informacion/tablon/).

Coristanco, 13 de setembro de 2024

Juan Carlos García Pose
Alcalde